O concelleiro de Facenda e Novas Tecnoloxías, Román Romero, anunciou a apertura do prazo de inscrición, hoxe, en dous cursos da plataforma Cemit que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia. O edil informou que se trata das accións formativas “Internet e informática básica” e “Xestión de RRHH”. As persoas interesadas en anotarse poden inscribirse a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/42997
e https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/42998, respectivamente. As sesións impartiranse, en ambos casos, do 11 de setembro ao 24 de outubro.
O curso de “Internet e informática básica” terá unha duración de 120 horas e impartirase en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Fundamentación da informática, que é un computador, hardware e software, elementos dun computador, introdución ao sistema operativo, uso do procesador de texto, introdución a internet, á web 2.0 e á administración electrónica son algúns dos temas que abordará o alumnado.
En canto ao curso de “Xestión de RRHH”, terá tamén unha duración de 120 horas, que se impartirán neste caso en quenda de tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas. As alumnas e alumnos terán a oportunidade de abordar temas como definición do posto de traballo, definición de perfís laborais, competencias e formación, normativa laboral, seguridade social e cotizacións, liquidación do recibo de salarios, liquidación de cotizacións e aplicacións informáticas de xestión de RRHH.