Despois de 2 anos de trámites, a Deputación da Coruña aínda ten sen contratar a reforma integral da avenida de Santa Cristina. Igualmente segue sen iniciarse a ampliación da rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora, cun contrato firmado o pasado 7 de decembro coa empresa adxudicataria dos traballos.
Ambas obras, impulsadas polas xestións e demandas do alcalde na Deputación, poñen de manifesto unha deficiente xestión por parte da Deputación. “Nun caso, paréceme gravísimo que haxa un proxecto que leve 2 anos tramitar para sacar a contratación. No outro, non se pode tolerar que Fenosa e Telefónica paralicen 9 meses unha obra de mellora da seguridade viaria, que lles abran un expediente sancionador polos danos causados á administración e á cidadanía”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.