Friday 22 de November de 2024

O concello de Ribeira adica 30.000 euros para axudas á contratación do alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume VIII


O concello de Ribeira aprobou, a través da Xunta Local de Goberno, a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea do alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume VIII. As subvencións obxecto desta convocatoria financiaranse cun crédito total de 30.000€ .

Dita convocatoria ten a finalidade de facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos obradoiros de Operacións básicas de cociña e Operacións básicas de pastelería e a especialidade de Confección e montaxe de artes e aparellos.
Nas bases establécese que a contratación terá unha duración mínima de 3 meses a tempo completo.

As solicitudes de axudas deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Ribeira no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no boletín Oficial da Provincia da Coruña.
“A finalidade destas axudas é a de apoiar aos grupos que forman parte dos obradoiros para que atopen oportunidades de emprego no eido local e así contribuir ao desenvolvemento económico do noso municipio.” afirma Genova Betanzos, concelleira de Promoción Económica, Emprego e Consumo.