O concelleiro de Turismo Francisco Suárez-Puerta presentou hoxe o servizo de visitas guiadas ao Miradoiro da Pedra da Ra e ao Castro da Cidá, iniciativa da Concellería de Turismo.
As visitas son gratuítas e realizaranse tódolos venres de 11.00h a 12.30h, cun máximo de
As inscripcións poderanse realizar na Oficina de Turismo Malecón de Ribeira, de martes a domingo de 10:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:30, ou ben no email eventosturismo@ribeira.gal ou no teléfono 981 873 007.
“Estes roteiros turísticos teñen o propósito de ampliar a oferta turística existente resaltando o máis característico de Ribeira. Para iso, o Servizo de Turismo deseñou dous percorridos baseados nunha disciplina moi empregada no desenvolvemento de itinerarios turísticos como é a Interpretación do Patrimonio.” explicou o concelleiro. O deseño e a narrativa destes roteiros teñen como principal obxectivo facer unha comunicación estratéxica do patrimonio na que se conecte ao visitante cos significados do lugar, promovendo así actitudes positivas hacia a súa conservación.
Pola súa parte, o alcalde Luís Pérez destacou que as visitas guiadas pretenden poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural que ofrece Ribeira tanto a visitantes como á veciñanza. “Dende o Concello estamos promovendo a creación dunha oferta turística, tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan, que permita conectar coa natureza, coa cultura e cos valores patrimoniais, realizando as actividades en parella, grupo ou familia.”