Venres 18 de agosto de 2023
Actividade: Jazz de Ría
Lugar: Parque de Freixeiro (en caso de choiva Pazo da Cultura)
Hora: A partir das 21.30
Os concellos de Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira organizaron a sétima edición do festival Jazz de Ría. Na primeira xornada actuarán o guitarrista flamenco Josemi Carmona e o saxofonista Jorge Pardo, que estarán acompañados polo pianista galego Moisés Fernández.
Sábado 19 de agosto de 2023
Actividade: Narón iD
Lugar: Casa da Mocidade
Hora: A partir das 10.30
O Concello e Asociación Koffi Games organizan este encontro para desenvolvedores/as e xogadores/as de todas as idades. Haberá obradoiros para público infantil e xeral, ponencias de profesionais na materia, un networking e unha feira de videoxogos en horario de mañá e tarde. A entrada é de balde.
Actividade: Jazz de Ría
Lugar: Parque de Freixeiro
Hora: A partir das 13.30
A cidade acollerá dende mediodía os concertos de Stompy Seven Jass Band e Swing on DJs e pola tarde, dende as 16.30 os de Os Bregadiers, un obradoiro para crianzas ás 17.30 coa Escola da Vaca e un aula aberta de baile con Swing on ás 18.30 horas. A continuación serán os concertos de St. James Dixie Band, ás 19.30; o de Por mí, Swing, ás 20.30 e finalmente, a partir das 22.00 a actuación de Swing in DJs.
Actividade: Espectáculo de acrobacias en moto de Emilio Zamora
Lugar: Avenida Cataluña
Hora: A partir das 19.00
O Concello e a Asociación Boulevard Odeón organizan esta convocatoria, na que Emilio Zamora desafiará as leis da gravidade mediante acrobacias en motos Ducati. Haberá tamén música a cargo dun DJ ao remate do espectáculo.
Actividade: Carreira nocturna Cidade de Narón
Lugar: Saída e meta na Praza de Galicia
Hora: A partir das 20.00 as carreiras infantís e ás 21.30 a xeral.
O Concello convoca este evento, que alcanza a súa cuarta edición e no que participarán preto de medio milleiro de persoas, xunto co club Pasa ou Entorna.
Domingo 20 de agosto de 2023
Actividade: Narón iD
Lugar: Casa da Mocidade
Hora: A partir das 11.00
O Concello e Asociación Koffi Games organizan este encontro para desenvolvedores/as e xogadores/as de todas as idades. Haberá relatorios e clases maxistrais para público profesional ao longo da mañá e pola tarde, de 16.00 a 19.30 horas, unha feira Retro gaming. A entrada é de balde.
Actividade: Torneo Xuvenil Sinde´s Cup
Lugar: Campo de fútbol de Sinde (O Val)
Hora: A partir das 10.30 horas e pola tarde dende as 17.30
Os xuvenís do Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña, o CD Lugo e o Racing de Ferrol disputarán este torneo, organizado polo Concello e a Sociedade Deportiva O Val.