Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra recibe unha subvención para o programa de conciliación municipal


A Administración local da Pobra do Caramiñal é beneficiaria dunha subvención para a promoción da igualdade que outorga o Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

A concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, explica que os fondos ascenden aos 90.944’46 euros destinados a sufraga-lo programa municipal A Pobra corresponsable, mediante o cal se artellan os numerosos obradoiros destinados a favorece-la conciliación das familias en períodos vacacionais e días non lectivos. Deste xeito, unha das medidas que permitirá financiar é o campamento de verán Móvete deste 2023, ademais do Servizo de Madruga e o monitorado que atende o comedor durante o curso escolar.

Con relación a isto, a edil incide en que se afianza así a aposta do Concello pola conciliación co obxectivo de contribuír a compatibiliza-la vida laboral e persoal de mulleres e homes.