Friday 22 de November de 2024

Presentación da XIX Andaina 50K


O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, acompañado de Josefina Maestu e Isidoro Hornillos Baz da Federación Galega de Montañismo e Ramón Sampedro, da Asociación de Veciños de Carreira, presentaron hoxe a XIX edición da Andaina de 50 kilómetros que se celebrará o sábado 2 de setembro.

Este ano o recorrido terá dous bucles (30 + 20 km) que comezarán e rematarán no Pavillón Polideportivo de A Fieiteira. “De cara a implantar melloras a nivel de menor pegada ecolóxica desta actividade, os participantes teñen a obriga de portar un bidón ou cantimplora e un vaso de plástico ou metal, co que se irán abastecendo nos avituallamentos” aclarou o concelleiro Xabier Vidal.
“Dende o Concello queremos agradecer á Asociación de Veciños de Carreira, ao Clube Sachacamiños, Arousa Neo, GAEM, Protección Civil e Policía Local polo seu traballo para a organización desta andaina” destacou o alcalde Luís Pérez. “Seguiremos apostando pola organización deste tipo de eventos que, ademais de promover hábitos saludables, ofrecen outro xeito de coñecer o noso municipio”.