A Pobra do Caramiñal será escenario dun acto conmemorativo no 17 de agosto, Día da Galiza Mártir. Deste xeito, efectuarase unha ofrenda floral a carón da escultura da memoria histórica situada nos Xardíns de Valle-Inclán, ás 12.30 horas.
A concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, indica que esta data busca homenaxea-las vítimas da ditadura franquista e renderlle un tributo a quen loitou e defendeu os principios da democracia.