Friday 22 de November de 2024

IX Feira de Antigüidades


A IX Feira de Antigüidades Coleccionismo e Vintage, organizada pola asociación Ferro Lanuxe en colaboración co Concello de Miño, celebrarase esta fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20 de agosto, na pista de Rabazal.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e o presidente de Ferro Lanuxe, Javier Domínguez Herva, presentaron hoxe na casa do concello o evento, no que participarán 32 expositores chegados de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Bilbao, O Porto e Barcelos.

A entrada é gratuíta e os horarios serán, en ambas as xornadas, de 10 a 14:30 horas e de 16:30 a 21 horas.