Friday 22 de November de 2024

A música de raíz protagonizará a Romaría de Santa Margarida


O concerto de Sharon Shannon e o único concerto galego da xira de despedida de Eliseo Parra, protagonistas da programación

A música galega terá grande presenza, destacando os concertos de Treixadura, Xosé Lois Romero & Aliboria e oito entidades da cidade

A Romaría de Santa Margarida pechará, un ano máis, as Festas de María Pita. Será o venres 25, sábado 26 e domingo 27 de agosto, cunhaprogramación centrada na música e o baile, partindo da tradición. Oito entidades da cidade da Coruña serán o punto de partida da programación, integrándoas en diferentes espazos do programa, que tamén conta con grupos de recoñecido prestixio nos seus concertosnocturnos. O Goberno de Inés Rey dálle, deste xeito, un novo pulo á unha das grandes citas das festas coruñesas, poñendo en valor a música de raíz e a tradición.

O venres 25 celebrarase a segunda gran noite do folclore, onde participarán Cántigas da Terra, Aturuxo, Donaire e Son d’aquí. Esta proposta pon en valor a música e o baile enriba dos escenarios. Xa para o sábado está preparada unha xornada participativa coas asociacións, onde o público poderá achegarse á explanada da Casa das Ciencias en horario de mañá e tarde para gozar de obradoiros para todos os niveis, así como coñecer máis das mesmas nos seus postos informativos. Para a noite, o anfiteatro de Santa Margarida converterase nun gran torreiro onde desfrutar de tres concertos galegos. Comezarán Arredores, grupo novel, para continuar coa maxestuosidade do directo de Treixadura e, para rematar, a diversión garantida con Airiños da Freba.

A xornada do domingo 27 é a máis multitudinaria da Romaría. Pasarrúas con Pansenfron ou Os Gaiteiriños, o popular concerto da Banda de Música da Coruña e un novo escenario que fará as delicias de quen goce da sesión vermú na zona das merendas. Á noite, a cidade será o epicentro do folk peninsular, coa aparición de Xosé Lois Romero & Aliboria, proposta galega que precederá ao concerto de Sharon Shannon. A recoñecida acordeonista irlandesa visitará a cidade para goce de toda a xente que a coñeceu nas últimas décadas. Ademais, a programación estará pechada por Eliseo Parra. O gran renovador da música tradicional peninsular despídese este ano dos escenario e será a única cita na que o público galego poida gozar do seu directo.