― Os días 19, 20, 22 e 23 de agosto haberá unha liña dende Gasolineira Santa Cruz ata Entrexardíns, con saída ás 3,30 horas da madrugada
― O obxectivo é facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público co fin de reducir os riscos da condución nocturna, o impacto medioambiental e sobre o tráfico
A Xunta ofrecerá un servizo especial de autobús durante as festas de Santa Cruz, no concello de Oleiros.
Así, na madrugada dos días 19, 20, 22 e 23 de agosto ás 3,30 horas haberá un servizo con saída da Gasolineira Santa Cruz cara Entrexardíns.
O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Gasolineira Santa Cruz, Coruxo, Liáns, Bastiagueiro, I.N.E.F., As Covas, Escorial, Parador, Perillo Sta. Cristina, Santa Xema, Xesuítas A Coruña, Materno A Coruña, CHUAC, Os Castros, A Gaiteira, Costa Palloza 4 / 5, Praza De Ourense, Entrexardíns.
O obxectivo é facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.
Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta.
Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.