• Este proxecto, subvencionado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, ten o obxectivo de optimizar a principal rede viaria do polígono.
• “Esta actuación continúa coa aposta en firme que este goberno local está a levar a cabo para facer do polígono industrial das Somozas un referente na comarca na creación e dinamización de emprego”, destacou o alcalde Juan Alonso.
O Concello das Somozas investirá 150.000 euros no proxecto de pavimentación e de mellora da principal rede viaria do seu polígono empresarial e industrial, que acolle máis de un millón de metros cadrados de solo industrial.
Este proxecto, subvencionado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, ten o obxectivo de optimizar e renovar o principal viario do polígono industrial do municipio.
Esta subvención está incluída dentro das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
Tras o anuncio, o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás destacou que “esta actuación continúa coa aposta en firme que este goberno local está a levar a cabo para facer do polígono industrial das Somozas un referente na comarca na creación e dinamización de emprego”.