A Pobra do Caramiñal desfrutou durante os meses de xullo e agosto dunha completa axenda de actividades culturais organizadas pola Concellaría da Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Un total de catorce propostas de balde que, segundo manifesta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, permitiu asistir a espectáculos de diversa índole en espazos ao aire libre.
Moc Moc Producións poralle o broche de ouro á programación do Verán Cultural pobrense coa súa Peque disco Moc Moc. A acción concentrarase no Cantón da Leña, no día 17, ás 20.30 horas.
Converterá a praza nunha auténtica disco móbil infantil con coreografías guiadas, xogos musicais, circo, malabares con lume ou luz e moito humor, ademais de sorpresas.