A I Bandeira Masculina de Traiñeiras do Concello de Ribeira celebrouse hoxe no Porto de Aguiño.
O evento, organizado polo Clube de Remo Náutico de Ribeira, forma parte da Liga B da competición autonómica de traiñeiras. O concelleiro de deportes Xabier Vidal e o concelleiro delegado da area de Mar, Fernando Abraldes, fixeron entrega da bandeira á equipa gañadora Muros-Esteirana. A tripulación local Mar de Sagres obtivo un terceiro posto.
O alcalde Luís Pérez agradeceu ao Clube de Ribeira o seu esforzo pola organización do evento e expresou o seu desexo de que este se consolide en futuras edicións.