O Partido Popular de Cambre lamenta as actuacións que se levaron a cabo estes días, coa tala de 15 árbores no parque e a eliminación da única piscina municipal que había na zona.
A présa do goberno municipal de Unión por Cambre e do PSOE por querer adxudicar a reforma do parque Ramón Barba en plena campaña electoral, provocou que a obra se tenga que executar a mediados de agosto, limitando os veciños de poder disfrutar do seu único parque en pleno verán.
“Xa na campaña municipal denunciamos esta adxudicación oportunista e que o proxecto fora modificado ata en 3 ocasións durante os meses anteriores, sen ter claro os veciños cal ía ser a reforma definitiva e sen ter en conta que estaban a xogar co pulmón verde do Temple”, lamentan os populares.
“É unha obra polémica e non conta co apoio dos veciños da zona, que deixou aos maiores sen parte da sombra que antes gozaban e aos nenos sen poder utilizar a pista polideportiva, xusto cando son máis necesarias”, afirma a portavoz do PP, Diana Piñeiro.