Os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo solicitaron á Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia unha subvención para participar no programa Xuventude Mentoring na empresa.
O proxecto presentado por estes concellos denominase XUVENTUDE CON TALENTO e o Concello de Camariñas foi o encargado de solicitar esta axuda como representante da AGRUPACION DOS CONCELLOS DE CAMARIÑAS, MUXIA E VIMIANZO.
Este proxecto pretende reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.
De ser concedida a axuda solicitada, un grupo de 15 mozos e mozas poderán realizar as estadías nas administracións locais de Camariñas, Muxía e Vimianzo, en tres sectores estratéxicos: Tecnoloxías da información e comunicación, Calidade de vida e benestar e Téxtil/moda-artesanía
Os requisitos para participar neste programa son:
A. Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
B. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
C. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
As persoas que participen percibirán unha bolsa de formación cun importe de 630 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.
O proxecto inclúe actividades de complementarias tales como: Actividades formativas 30horas, Mentoring 4 horas, Visitas a empresas 4 horas, Orientación personalizada 2 horas
As horas formativas nos Concellos nas que se realice as estadías terán unha duración de 100 horas mensuais e de catro días laborais por semana.
As persoas interesadas en participar poden PREINSCRIBIRSE no seguinte enlace https://forms.gle/1ChwPPtUpw7TqiM39