Friday 22 de November de 2024

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as Festas de Sada para facilitar os desprazamentos


― O día 15 de agosto habilitaranse servizos de ida dende Entrexardíns ás 23,00 e Betanzos ás 22,30 e 23,30 horas

― Para o regreso, as persoas usuarias disporán de servizos dende Sada a Entrexardíns ás 4,30 e as 5,30 horas e dende Sada a Betanzos ás 5,30 horas

― A Xunta facilita mellores alternativas de viaxe en transporte público co propósito de reducir os riscos da condución nocturna e minorar o impacto medioambiental e sobre o tráfico

A Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos dos asistentes.

O día 15 de agosto as persoas usuarias disporán de servizos especiais de Entrexardíns a Sada ás 23,00 horas e, este ano, tamén dende Betanzos a Sada ás 22,30 e 23,30 horas respectivamente.

Por outra banda, os regresos realizaranse ás 4,30 e as 5,30 horas dende Sada a Entrexardíns e ás 5,30 horas dende Sada a Betanzos.

Para o traxecto dende Entrexardíns a Sada, o servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Entrexardíns, Costa Palloza 4 / 5, Coruña E.A., A Gaiteira, Os Castros, Chuac, Materno A Coruña, Xesuítas A Coruña, Ponte Pasaxe, Perillo, Perillo (Citroen), Perillo (Burger King), Graxal, San Pedro De Nós, Alsina, Mesón Da Auga, O Carballo, Cristo Rey, A Cruz, Piñeiro Piscina (Ies Miraflores), Oleiros hacia Sada, Edreira, Osedo 1, Castelo Cruce Mosteirón, Palomar Osedo, Osedo 2, Osedo 3, Xeiseda, Xeitosiña, Tarabelo 1, Tarabelo 2, A Chaburra, Igrexa Nova, Concello De Sada y Sada Hotel Sada Palace.

Dende Betanzos a Sada, os puntos de paso serán os seguintes: Betanzos praza, Betanzos Instituto , Angustias, Castro 2, Castro 1, Ponte de Ferro, Miodelo, Salloso, Carrio 3, Carrio 2, Carrio 1. Cruz do Sar. San Isidro, Reboredo 2, Reboredo 1, Tatin, Gandario (Mallorca), A Lagoa, Marina Española, Sada gasolinera, Concello de Sada e Sada hotel Sada Palace.

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, busca facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta. Máis de 8.700 mozos e mozas da Coruña xa dispoñen da súa tarxeta.

Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.