Xa podes inscribirte enviando un correo electrónico cos teus datos a comunica-cion@carballo.gal
Un ano máis, a Concellaría de Mobilidade quere convidar a toda a cidadanía a camiñar o 17 de agosto, porque non hai mellor maneira de celebrar o Día Mundial do Peón que tomando as rúas cos medios de locomoción máis antigos, sans e sostibles: os nosos pés.
Pero se ademais de saír andar como tanta xente fai a diario, se queres facelo dun xeito organizado non tes máis que anotarte para participar na ruta que realizaremos polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo. O punto de encontro será o apar-camento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde serás recibido/a cun aga-sallo moi práctico para os teus paseos cotiáns. Ás 19.00 xuntarémonos para empezar a camiñar cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, aproximadamente, e apto para todas as idades.
Únete e camiña con nós! Podes inscribirte enviando un correo electrónico cos teus datos (nome e idade) a comunicacion@carballo.gal.
Sabías que o Día do Peón naceu co argumento da seguridade viaria? O 17 de agosto de 1897 a moza Bridget Driscoll morría arroiada por un coche no que veu considerar o primeiro sinistro viario do que se ten noticia. Por tanto, a loita contra a violencia viaria debe ser o motivo principal deste día. E un xeito eficiente de loitar pola seguridade das persoas é a transformación das cidades en espazos máis amables e libres dun excesivo número de riscos. Ese é o noso obxectivo.