Friday 22 de November de 2024

Unha trintena de rapaces e rapazas experimentaron a navegación a vela na Pobra


A Pobra do Caramiñal participou neste ano na Campaña de Vela impulsada pola Deputación da Coruña, converténdose así nunha das seis sedes desta iniciativa. Unha trintena de rapaces e rapazas asistiron dende o 7 de agosto a este curso de iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, acudiu neste día 11 á clausura da quenda correspondente coa localidade pobrense; acto durante o cal fixo entrega dos diplomas e incidiu na importancia deste tipo de accións para promove-la actividade física entre os cativos e cativas con propostas vencelladas ao mar aproveitando o verán, fomentando así os deportes náuticos entre as xeracións máis novas.

O programa tivo unha duración de cinco días en grupos de mañá e de tarde.