Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ribeira Destina 150,000 euros en subvencións para entidades deportivas


O Concello de Ribeira, a través da Xunta de Goberno Local, aprobou o reparto 150,000 euros en subvencións para clubes deportivos que o anterior goberno tiña paralizado dende o ano 2022.

Os beneficiarios destas axudas son O Club Cidade de Ribeira, Club Natural Sport, Clube de Remo Náutico, Club S.D Xuventú Aguiño, Clube Natación Ribeira, Clube Atlético Oleiros, Carreira F.C, Clube Náutico Deportivo de Ribeira, Clube Kempo Barbanza, Clube Escola de Boxeo El Canario, Clube Voleivol Ribeira, Clube Patinaxe Ribeira, Clube Padel Ribeira, Clube Kenpo Ribeira, Clube Atletismo Ribeira, Clube Baloncesto Barbanza, Clube Deportivo As Miñoteiras, Clube Baloncesto Ribeira, Clube Deportivo Artes, Clube Palmeira, Clube AMPA O Grupo, Clube Windsurf Catro Ventos, Clube Peña Ciclista Tahume.

“Axilizar o pago das subvencións municipais é crucial para garantir unha distribución eficiente dos fondos destinados a proxectos de interés comunitario” afirma o alcalde Luís Pérez. “Dende o goberno municipal seguimos a traballar para axilizar tamén o pagamento das subvencións ás ANPAS”.