• A entidade achega 1.500 euros para levar a cabo actividades incluídas na programación dunha festa declarada de Interese Turístico Galego.
O Concello de Laxe presentou este pasado mércores o cartel da celebración do Naufraxio 2023, que se celebrará o vindeiro xoves, 17 de agosto, no porto.
A pasada semana o alcalde, José Luis Pérez Añón, e o representante de Abanca, José Manuel Vilariño, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da festa, declarada de Interese Turístico Galego.
A entidade achega un total de 1.500 euros que se destinarán á realización de varias actividades incluídas na programación da festa.