Membros do equipo de goberno do Concello de Ribeira desplazáronse hoxe ate Corrubedo para apoiar aos veciños na manifestación que celebran tódolos xoves ás 11.30. Demandan unha reunión urxente con Sanidade para acadar unha solución.
“Corrubedo necesita un médico a tempo completo tódolos días do ano. A solución que intentan trasladarnos dende a Consellería de Sanidade, de simplemente ter médico a tempo completo os dous meses de verán non é válida” afirmou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.
No transcurso da concentración, o concelleiro de Sanidade Juan Luis Furones, reclamou unha reunión urxente entre a nova corporación municipal e a Consellería de Sanidade para incrementar os medios materiais e persoal e garantir unha atención médica de calidade a toda a poboación de Ribeira. “Esta política de contratación mínima é inaceptable, seguimos intentando chegar a un diálogo coa Consellería de Sanidade pero non obtemos resposta” indicou.