Friday 22 de November de 2024

O concello de Ribeira solicita a Portos de Galicia o arreglo da barandill do muelle de Corrubedo


O Concello de Ribeira solicitou a Portos de Galicia que acometan melloras na barandilla do muelle de Corrubedo, situación que os veciños xa levaban denunciando dende tempo atrás.

“Enviamos fotografías a Portos de Galicia para denunciar o estado da estructura e solicitar que se repare o antes posible” afirma o alcalde Luís Barral. A barandilla atópase oxidada na meirande parte e carece dun tramo no final do recheo, o que supón un gran perigo polo risco de caída.

“A barandilla debe cumprir con estándares específicos para garantir que sexa o suficientemente resistente para previr accidentes. É imperativo realizar melloras para garantir a seguridade de tódolos veciños e veciñas.” explica Fernando Abraldes, edil delegado da área de Mar.