— A formación do programa Cuale é totalmente de balde para as familias e facilitan ao alumnado preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas
— Os cursos desenvolveranse en inglés, francés, alemán e portugués, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas
Preto de 3.800 estudantes de 46 centros educativos de toda Galicia beneficiaranse no curso 2023/24 dos cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) que organiza a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. O obxectivo é que o alumnado mellore as súas competencias en outros idiomas desde o seu propio centro educativo, no marco da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingue 2030, e poida preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.
Dos centros seleccionados, 17 son da provincia da Coruña, sete da de Lugo, tres da de Ourense e 19 da de Pontevedra. O programa ofértase en inglés, lingua na que se desenvolverán un total de 59 cursos de diferentes niveis; francés, con 40 cursos; alemán, idioma na que haberá cinco cursos, e portugués, con tres cursos. A relación completa de cursos pode consultarse no Portal Educativo e a de centros participantes é a recollida na seguinte táboa:
Provincia | Concello | Centro |
Coruña, A | Betanzos | IES As Mariñas |
Coruña, A | Cambre | IES Afonso X O Sabio |
Coruña, A | Cedeira | IES Punta Candieira |
Coruña, A | Cee | IES Fernando Blanco |
Coruña, A | Coruña, A | IES Agra do Orzán |
Coruña, A | Coruña, A | CIFP Ánxel Casal-Monte Alto |
Coruña, A | Coruña, A | IES Salvador de Madariaga |
Coruña, A | Ferrol | CIFP Leixa |
Coruña, A | Ferrol | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
Coruña, A | Melide | IES de Melide |
Coruña, A | Mugardos | IES de Mugardos |
Coruña, A | Muros | IES Plurilingüe Fontexería |
Coruña, A | Oleiros | IES María Casares |
Coruña, A | Ortigueira | IES de Ortigueira |
Coruña, A | Ribeira | IES Nº1 |
Coruña, A | San Sadurniño | CPI de San Sadurniño |
Coruña, A | Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Lugo | Burela | IES Perdouro |
Lugo | Burela | IES Monte Castelo |
Lugo | Chantada | IES Lama das Quendas |
Lugo | Monforte de Lemos | IES A Pinguela |
Lugo | Monforte de Lemos | IES Río Cabe |
Lugo | Vilalba | IES Lois Peña Novo |
Lugo | Xove | IES Illa de Sarón |
Ourense | Ourense | IES As Lagoas |
Ourense | Ourense | CIFP A Farixa |
Ourense | Viana do Bolo | IES Carlos Casares |
Pontevedra | A Estrada | IES Nº1 |
Pontevedra | As Neves | IES Pazo da Mercé |
Pontevedra | Baiona | CPI de Cova Terreña |
Pontevedra | Caldas de Reis | IES Plurilingüe Aquis Celenis |
Pontevedra | Caldas de Reis | CPI Plurilingüe Alfonso VII |
Pontevedra | Lalín | IES Laxeiro |
Pontevedra | Lalín | IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Pontevedra | Meis | CPI de Mosteiro-Meis |
Pontevedra | Porriño, O | IES Ribeira do Louro |
Pontevedra | Poio | IES de Poio |
Pontevedra | Pontevedra | IES A Xunqueira II |
Pontevedra | Pontevedra | IES A Xunqueira I |
Pontevedra | Pontevedra | IES Luís Seoane |
Pontevedra | Pontevedra | IES Gonzalo Torrente Ballester |
Pontevedra | Pontevedra | IES Valle-Inclán |
Pontevedra | Silleda | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro |
Pontevedra | Tui | IES Indalecio Pérez Tizón |
Pontevedra | Vigo | IES República Oriental do Uruguai |
Pontevedra | Vigo | IES de Teis |
A formación, totalmente de balde para as familias, desenvolverase fóra do horario lectivo ao longo do curso escolar e impartiranos profesores do propio centro, que tamén realizarán os exames correspondentes ao remate do curso. Existen catro modalidades diferentes, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do arco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Modalidades para estudantes
Así, cursarán a modalidade Cuale A1 os estudantes que superasen todas as materias de 2º da ESO e que estean matriculados en 3º, mentres que Cuale A2 está dirixida ao alumnado que superase todas as materias de 3º da ESO e estea matriculado en 4º curso, así como aos inscritos en ciclos de FP de grao medio de menos de 2.000 horas. Cuale B1 vai dirixido ao alumnado de Bacharelato, de ciclos de grao medio de FP de 2.000 horas e de grao superior de menos de 2.000 horas. As modalidades Cuale B2 serán para o alumnado de Bacharelato, ciclos de FP de grao superior de 2.000 horas, e para os que dispoñan do certificado del nivel intermedio das escolas oficiais de idiomas ou outros certificados do nivel B1.
A superación das probas ao remate do curso supón a expedición por parte do centro dun certificado, no caso do nivel básico do Cuale A1, e dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas, no resto das modalidades. Para a obtención dos certificados oficiais é necesario que os estudantes superen as probas específicas que as escolas oficiais de idiomas realizan cada ano.