Os itinerarios guiados polo patrimonio cultural da Pobra do Caramiñal continúan no 10 de agosto da man do Museo Valle-Inclán. A igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal constitúe a terceira parada desta serie, precedida pola da capela da Alba do templo de Santiago do Deán e a do pazo do Couto. Nesta ocasión, establécese o adro do Caramiñal como punto de encontro, ás 12.00 horas.
Para participar é necesario inscribirse previamente de balde a través dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.
Ademais, continúan activas as visitas comentadas pola torre de Bermúdez e os fondos que esta atesoura. Efectúanse cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas, e requiren unicamente anotarse nas canles xa referidas.