A noite Velada de Boqueixón volveu a encher de luz o campo do río de Ponte Ledesma
O campo do río de Ponte Ledesma acolleu o pasado venres a Noite Velada, que encheu de luz o río ao seu paso por esta localidade. Unha actividade totalmente consolidada que a veciñanza non quixo perder.
O evento quixo xuntar o lecer, a tradición e a cultura baixo a imaxe da ponte histórica, que volveu alumearse coa luz das candeas e as teas. O espectáculo completouse coas actuacións De Ninghures e dos locais Roibén e Raeira, dá Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, e contou cun posto de bebidas.
Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón conta cunha gran acollida dos veciños e as veciñas da zona.