A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor os obxectivos plantexados para esta edición, “que procura dar voz e presenza ás mulleres do cómic, así como render homenaxe a figuras desaparecidas recentemente”
A historietista barcelonesa Laura Pérez Vernetti tomou parte no acto de apertura do Salón Internacional do Cómic da Coruña, que conta con máis dun cento de propostas artísticas
Este luns arrancou a 26ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, ‘Viñetas desde o Atlántico 2023’. Desde hoxe a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máis dun centenar de propostas artísticas, que inclúen exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, obradoiros infantís e profesionais, visitas guiadas e mesas redondas, entre moitas máis iniciativas.
A alcaldesa, Inés Rey, tomou parte esta tarde no acto oficial de inauguración do ‘Viñetas desde o Atlántico 2023’, celebrado no exterior da Sala Municipal de Exposicións do Kiosco Alfonso. Rey, acompañada polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, subliñou que “o Viñetas é un proxecto de cidade, de carácter colectivo, e unha marca asociada á identidade da Coruña”.
Na súa intervención, a rexedora puxo en valor a proposta e obxectivos marcados para estaedición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, “que procura dar voz e presenza ás mulleres do cómic, así como render homenaxe a figuras desaparecidas recentemente.
Traballouse, ademais, para abrir xanelas ao mundo da animación, conscientes do grandetraballo que se está realizando desde A Coruña, e tamén para aumentar a presenza do público infantil e familiar con accións participativas”.
Neste sentido, durante o acto celebrado esta tarde, cobrou protagonismo a figura da historietista barcelonesa Laura Pérez Vernetti, unha das pioneiras do cómic, que, ademais de participar na exposición colectiva do Kiosco Alfonso, tamén é a autora da mostra Vive la vida e outras poesías gráficas de Luis Alberto de Cuenca, aberta desde hoxe e ata o vindeiro 10 de setembro na Casa Museo Picasso.
A axenda prevista este martes 8, na segunda xornada do Viñetas desde o Atlántico
Na súa segunda xornada, Viñetas desde o Atlántico 2023 renderá homenaxe as autoras pioneiras do cómic underground adulto en España. Este martes, 8 de agosto, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila, Elisa McCausland e Laura Pérez Vernetti —algunhas das máis relevantes firmas femininas da historia da banda deseñada española desde os 70 ata a actualidade— visitan á Coruña para ofrecer un paseo guiado pola súa exposición ¡Mujercitas del mundo entero, uníos!, no Kiosco Alfonso (cun doble pase, ás 12.00 e ás 18.00 horas, acompañadas polos comisarios Raquel Jimeno, Alberto Medina e Guillermo Cobo) e participar nunha mesa redonda no Teatro Colón (ás 19.00 horas). Ambas actividades son de acceso libre ata completar aforo.
O programa de Viñetas 2023 previsto para este martes, 8 de agosto, propón, ademais, sete exposicións e dous talleres nas Bibliotecas Municipais da Coruña: na Biblioteca Durán Loriga, o obradoiro infantil As túas primeiras viñetas; e na Biblioteca de Estudos Locais, o obradoiro profesional express de novela gráfica, ambos organizados da man de Coruña Gráfica. Pola súa banda, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, desarrollaranse dúas actividades infantís: a Comicteca, de 11.30 a 13.30 horas; e o obradoiro Viñetas Lab, ás 18.00 e 19.00 horas. As autoras Isa Feu e Laura Pérez Vernetti asinarán exemplares no Kiosco Alfonso ás 12.00h, mentres que a quenda das sinaturas de Marta Guerrero, Marika Vila e Elisa McCausland terá lugar ás 18.00 horas, tamén no Kiosco Alfonso.
Na Rúa da BD, aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, asinarán as súas obras Inacio e Iván Suárez (Demo Editorial), Anémona de Río e José Malvárez Carleos (Anaya) e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial).