Friday 22 de November de 2024

As ‘Noites de María Pita’ chegan ao seu ecuador coa actuación da banda británica The Waterboys


Tras o concerto deste martes 8, que comezará ás 22.00 horas, as actuacións volverán á praza tras o Festival Noroeste Estrella Galicia

A banda británica The Waterboys porá, este martes 8 ás 22.00 horas, o punto e seguido ás ‘Noites de María Pita’, ciclo de concertos incluído dentro da programación das Festas de María Pita. As actuacións na praza continuarán o domingo con Los 40 Summer Live, tras a programación do Festival Noroeste Estrella Galicia, entre o mércores 9 e o sábado 12 de agosto.

O concerto de The Waterboys será unha das grandes actuacións internacionais destas Festas de María Pita. A formación liderada por Mike Scott conta con máis de 40 anos de carreira ás costas e numerosos discos de éxito como ‘This is the sea’ (1985), ‘Fisherman’s Blues’ (1988) ou ‘Room to room’ (1990). A formación fíxose popular pola súa mestura de estilos rock e pop co folclore irlandés.

Nos últimos anos mantivéronse activos coa publicación en maio de 2019 do seu décimo terceiro disco de estudio: ‘Where the action is’. En agosto de 2020 lanzaron ‘Good luck, Seeker’ e no 2022 o que é ata a data o seu último traballo, ‘All souls hill’. Na praza de María Pita, The Waterboys farán un repaso da súa extensa e prolífica carreira musical para poñer fin a esta primeira parte das ‘Noites de María Pita’.

Programación Noites de María Pita
● 13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
● 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
● 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi

20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía…