Canto, baile e música tradicional: estes son os tres eixos sobre os cales se artella o festival do día 12 de agosto que organiza a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
Para vivir intensamente o noso folclore contarase coa participación de cinco agrupacións no total: a A. C. Bailadela (de Ribeira), o G. M. T. Os Caraveiros (da Pobra), As Sete Linguas, da A. F. L. M. de Aguiño (de Ribeira), a G. F. de Danças e Cantares de Modivas (de Vila do Conde, en Portugal) e a Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas (da Pobra).
A xornada arrancará ás 20.30 horas cunha ruada, para máis tarde focaliza-la súa acción no Cantón da Leña, ás 21.00 horas.