— A Xunta autoriza a incorporación de 67 ciclos e 6 másteres ao programa de plurilingüismo a partir de setembro, sumándose aos 66 que comezaron o ano pasado
— A formación desenvolverase en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués
— A maiores, por primeira vez no curso 2023/24 todos os ciclos de grao medio e superior na modalidade dual incorporan módulos de Lingua estranxeira profesional
Un total de 139 ciclos e másteres de Formación Profesional desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24. A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 67 ciclos formativos e 6 cursos de especialización plurilingües que comezan a partir de setembro en 26 centros educativos galegos.
En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como o francés, o italiano ou o alemán; e nos sete restantes desenvolverase en portugués. Estas novas ensinanzas súmanse aos 66 ciclos iniciados no pasado curso 2022/23, que no vindeiro ano académico impartirán módulos de segundo curso en diferentes idiomas.
Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 26 centros con esta oferta a razón de 12 na provincia da Coruña, 3 en Lugo, 4 en Ourense, e 7 en Pontevedra. Aos que impartían ciclos plurilingües o curso pasado incorpóranse o instituto IES A Pinguela de Monforte de Lemos e o centro CPR Afundación A Coruña. Estas ensinanzas correspóndense con 73 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2023/24.
Cómpre lembrar que, a maiores e como novidade no curso 2023/24, todos os ciclos de grao medio e de grao superior na modalidade de FP dual (un total de 176) contarán con módulos de Lingua estranxeira profesional.
Mellora das competencias lingüísticas
Os ciclos formativos e másteres de FP plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través de iniciativas como o programa Erasmus+.
Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2023/24 son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia | Concello | Centro | Ciclo / Máster de FP | Idioma incorporado |
A Coruña | A Coruña | CIFP Ánxel Casal – Monte Alto | Audioloxía protésica | Inglés |
A Coruña | A Coruña | CIFP Someso | Programación da produción en fabricación mecánica | Inglés |
Automoción | Inglés | |||
Estilismo e dirección de peiteado | Inglés | |||
A Coruña | A Coruña | CPR Afundación A Coruña | Asistencia á dirección | Inglés |
A Coruña | Coristanco | EFAG Fonteboa | Guía no medio natural e de tempo libre | Inglés |
Gandaría e asistencia en sanidade animal | Inglés | |||
Transporte e loxística | Inglés | |||
A Coruña | Culleredo | CIFP Universidade Laboral | Robótica colaborativa (máster) | Inglés |
Modelaxe da información da construción (máster) | Inglés | |||
Fabricación intelixente (máster) | Inglés | |||
Guía no medio natural e de tempo libre | Inglés | |||
Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica | Inglés | |||
Automatización e robótica industrial | Alemán (1º) | |||
Inglés (2º) | ||||
Prevención de riscos profesionais | Portugués | |||
Acondicionamento físico | Inglés | |||
Mecatrónica industrial | Inglés | |||
A Coruña | Ferrol | CIFP Leixa | Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia | Inglés |
Animación sociocultural e turística | Inglés | |||
A Coruña | Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | Guía, información e asistencia turísticas | Inglés (1º) |
Francés (2º) | ||||
A Coruña | Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago | Laboratorio de análise e de control de calidade | Inglés |
A Coruña | Santiago de Compostela | CIFP Compostela | Dirección de servizos de restauración | Inglés |
Preimpresión dixital | Inglés | |||
Xestión de aloxamentos turísticos | Inglés | |||
A Coruña | Santiago de Compostela | IES San Clemente | Sistemas microinformáticos e redes | Portugués |
Administración de sistemas informáticos en rede | Portugués | |||
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | Inglés | |||
Desenvolvemento de aplicacións web | Inglés | |||
A Coruña | Santiago de Compostela | IES A Pontepedriña | Comercio internacional | Inglés |
A Coruña | Pontedeume | CIFP Fraga do Eume | Dirección de servizos de restauración | Portugués |
Lugo | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | Ensinanza e animación sociodeportiva | Inglés |
Lugo | Lugo | CIFP As Mercedes | Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina | Inglés |
Automoción | Inglés | |||
Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica | Inglés | |||
Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos | Inglés | |||
Xestión de vendas e espazos comerciais | Inglés | |||
Márketing e publicidade | Inglés | |||
Lugo | Monforte de Lemos | IES A Pinguela | Desenvolvemento de aplicacións web | Inglés |
Ourense | Ourense | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | Química e saúde ambiental | Inglés |
Laboratorio de análise e de control de calidade | Inglés | |||
Laboratorio clínico e biomédico | Inglés | |||
Hixiene bucodental | Inglés | |||
Desenvolvemento de aplicacións web | Inglés | |||
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | Inglés | |||
Administración de sistemas informáticos en rede | Portugués | |||
Cultivos celulares (máster) | Inglés | |||
Intelixencia artificial e big data (máster) | Inglés | |||
Ourense | Ourense | CIFP A Farixa | Guía, información e asistencia turísticas | Inglés |
Produción de audiovisuais e espectáculos | Italiano (1º) | |||
Inglés (2º) | ||||
Ourense | Ourense | CIFP Portovello | Asistencia á dirección | Inglés |
Xestión de vendas e espazos comerciais | Inglés | |||
Animación sociocultural e turística | Inglés | |||
Atención a persoas en situación de dependencia | Portugués | |||
Ourense | Vilamarín | IES de Vilamarín | Dirección de cociña | Inglés |
Dirección de servizos de restauración | Inglés | |||
Pontevedra | A Estrada | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | Administración e finanzas | Inglés |
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | Inglés | |||
Pontevedra | O Porriño | IES Ribeira do Louro | Administración e finanzas | Inglés |
Comercio internacional | Inglés | |||
Pontevedra | Pontevedra | CIFP Carlos Oroza | Cociña e restauración | Inglés |
Cociña e gastronomía | Inglés | |||
Servizos en restauración | Inglés | |||
Xestión de aloxamentos turísticos | Inglés | |||
Guía, información e asistencia turísticas | Inglés | |||
Panadaría, repostaría e confeitaría | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CPR Plurilingüe San Miguel 2 | Informática e comunicacións | Inglés |
Informática de oficina | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CIFP Manuel Antonio | Química industrial | Inglés |
Anatomía patolóxica e citodiagnóstico | Inglés | |||
Patronaxe e moda | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade | Deseño e amoblamento | Portugués |
Fabricación aditiva (máster) | Inglés | |||
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | CIFP Fontecarmoa | Comercio internacional | Inglés |