Remata a XXIX edición da feira Alfaroleiros cun máis que notable éxito de asistencia. Entre a mostra e todas as actividades paralelas realizadas a asistencia superou as 23.000 persoas.
Foi moi produtiva a feira para os 23 alfares participantes, que realizaron un importante número de vendas. Igualmente a hostalería do municipio, especialmente a de Santa Cruz, viuse beneficiada pola atracción que supón este evento.