Saturday 16 de November de 2024

Continúan os concertos de María Pita coa cantautora malagueña Vanesa Martín


El Kanka será o próximo artista en subirse ao escenario das Noites de María Pita, concluindo a primeira semana de concertos na praza

A cantautora malagueña Vanesa Martín subirase mañá, sábado 5 de agosto, ao escenario das Noites de María Pita no marco da programación cultural das Festas de María Pita 2023. A artista, con case dúas décadas de carreira musical, é coñecida pola profundidade nas letras das súas composicións e que tamén cultiva como escritora na súa faceta poética.

Vanesa Martín é unha das artistas nacionais de referencia no panorama actual. Achégase áCoruña no marco da súa xira “Placeres y Pecados”, visitando diferentes puntos do país e que continuará nos vindeiros meses con diversos concertos programados en América. Esta será a última oportunidade de vela en Galicia, xunto coas festividades de Pontevedra, previa á súa xira fóra de España.

Ao concerto de Martín súmase o domingo o de outro cantautor malagueño. El Kanka subiraseao escenario das Festas de María Pita 2023, a única cita prevista en Galicia na súa xira deverán. Presentará un repertorio centrado no seu último traballo ‘Cosas de los vivientes’ ademais dos seus temas máis recoñecidos. Será o encargado de pechar a primeira semana das ‘Noites de María Pita’.

Programación Noites de María Pita
● 6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka
● 7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia
● 8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys

● 13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
● 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
● 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
● 20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía…