Friday 22 de November de 2024

Alfaroleiros continúa ata o domingo con concertos, obradoiros, demostracións de cociña, xogos…


A XXIX edición de Alfaroleiros finalizará este domingo. Ata entón, os 23 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá numerosas actividades paralelas.

Para hoxe venres están programadas demostracións de olería e rakú, o espectáculo de rúa Nono ás 20:00 horas e o concerto de Familia Caamagno ás 22:00 horas na praza de Esther Pita.

A programación de actividades para a fin de semana é a seguinte:

– Demostración de olería: sábado, 13:00 horas, parque Luís Seoane
– Obradoiro de olería: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Demostración de cociña en vivo: sábado, 20:00 horas, parque Luís Seoane
– Concerto de Roi Casal: sábado, 22:00 horas, praza Esther Pita
– Demostración de cociña en vivo: domingo, 13:00 horas, parque Luís Seoane
– Xogos tradicionais Eira Xandobeleira: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Pasarrúas do Grupo de Gaitas Santaia: domingo, 19:30 horas, parque Luís Seoane
– Concerto de Brais Morán & NasauFunk: domingo, 21:30 horas, praza Esther Pita