Debido ás tarefas de renovación dos equipos técnicos de Radio Oleiros, o vindeiro luns 7 de agosto poden producirse interrupcións na emisión. Igualmente non se emitirá a programación habitual.
A renovación técnica de Radio Oleiros é o primeiro paso para o inicio dunha nova tempada, que comezará o próximo mes de setembro, e que incluirá na súa programación os contidos xa coñecidos e outros novos que se irán incorporando á grella da emisora municipal.