Para a conservación duns espazos públicos agradables e saneados, resulta imprescindible a colaboración veciñal respecto ao cumprimento das normas do depósito de lixo. É importante separar os residuos para botalos nos contedores correspondentes, así como respectar os horarios estipulados.
Ninguén ten dereito a degradar os espazos públicos de Oleiros. As persoas infractoras terán que afrontar sancións económicas de entre 501 e 1.500 euros, tal e como vai suceder cos responsables dos últimos na zona de Meixonfrío, en Santa Cruz. Este tipo de comportamentos incívicos deterioran a convivencia nos espazos públicos.