Monday 25 de November de 2024

2ManyDJs completa a programación do 36º Festival Noroeste Estrella Galicia


Os DJ’s belgas únense ó festival xunto a Primal Scream, Parov Stelar, Lori Meyers, Sabela, La M.O.D.A., Bala, Ana Tijoux, Rayden, Mala Rodríguez, Arde Bogotá, Fatoumata Diawara, Lee Fields, Pongo, Thylacine ou Iseo & Dodosound, entre outros

Celebraranse máis de 60 concertos distribuídos en 9 espazos da cidade, na praia de Riazor, Santa Margarita, no Porto, na praza de Azcárraga, no Campo da Leña, no Castelo de Santo Antón, na Fundación Luís Seoane, en Cormelana Sellier e no Teatro Colón, do 9 ao 12 de agosto

As entradas para acceder ó Castelo de Santo Antón e ó Teatro Colón poderán retirarse tanto na billeteira da praza de Ourense como na web entradas.ataquilla.com

Confírmase o ‘Artista Sorpresa’ do 36º Festival NoroesteEstrela Galicia e, con iso, péchase a programación desta edición. Os belgas 2ManyDJs subiranse ao escenario de Riazor o venres 11 de agosto para encher de electrónica á cidade de cristal. Este dúo está formado polos irmáns David e Stephen Dewaele, anteriores membros do grupo Soulwax. Os seus eclécticos sets son coñecidos por fusionar cancións recoñecidas de diferentes artistas e xéneros como música dance, electro, rock, pop, hip-hop e moitos máis.

Primal Scream, Parov Stelar, Lori Meyers, Sabela, La M.O.D.A., Bala, Ana Tijoux, Rayden, Mala Rodríguez, Arde Bogotá, Fatoumata Diawara, Lee Fields, Poño, Thylacine ou Iseo & Dodosound son tan só algúns dos nomes que forman parte do cartel, cuxo motivo principal é a luz da Torre de Hércules, emblema da cidade, guiando ao público cara ao escenario do areal de Riazor. O lema escollido para esta ocasión é “Escoita a nosa luz”, facendo alusión ao motivo gráfico.

Para acceder ós eventos programados no Castelo de Santo Antón e no Teatro Colón, poderanse adquirir as entradas tanto na billeteira da praza de Ourense, de luns a venres en horario de 11:00 a 15:00 horas de mañá e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde, como na web entradas.ataquilla.com. Non será necesario para as sesións da Fundación Luis Seoane.

MÉRCORES 9
Santa Margarida
20:30h – García MC & Nación Quilombo
22:00h – Fatoumata Diawara
00:00h – Iseo & Dodosound
Porto
21:00h – The Rapants
22:30h – Rayden
00:30h – La M.O.D.A.
Campo da Leña
13:00h – Sanny
19:30h – Mixing Martines
21:30h – La Perra Blanco
23:30h – Playback Maracas
Azcárraga
14:00h – Garufa Blue Devils Big Band
20:30h – Clarence Bekker Band
22:30h – Club Makumba

Fundación Luís Seoane
12:30h – Garza
19:00h – ALLOVA
22:00h – Pantha Du Prince
Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Anita B Queen
Castelo de Santo Antón
13:00h – Nacho – Faia – LAR
19:30h – Silvia Penide
21:00h – SUMRRÁ + convidados
XOVES 10
Santa Margarida
20:30h – Sabela
22:00h – PONGO
00:00h – Ana Tijoux
Porto
21:00h – Jimena Amarillo
22:30h – Mala Rodríguez
00:30h – Arde Bogotá

Campo da Leña
13:00h – Smile
19:30h – Stormy Trucks
21:30h – Mojo Mantra
23:30h – BALA
Azcárraga
14:00h – David Regueiro Trío
20:30h – Marcos Coll
22:30h – Lee Fields
Fundación Luís Seoane
12:30h – PAVA
19:00h – Santiago Latorre
Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Yibril
Castelo de Santo Antón
13:00h – Mallou
19:30h – _juno
21:00h – Thylacine

Teatro Colón
19:00h – J, de Los Planetas, presenta en directo “Plena Pausa”
VENRES 11
Campo da Leña
19:30h – Superfuzz
21:30h – Lanegan by Ultracuerpos
Azcárraga
14:00h – Pamela Rodríguez
20:30h – Brais Morán & Nasaufunk
Riazor
22:00h – 2ManyDj’s
0:30h – Parov Stelar
Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Meneo
SÁBADO 12
Cormelana Sellier
20:00h – Drea

Azcárraga
14:30h – Corriente del Golfo
20:30h – Jarbis
Campo da Leña
13:00h – Malandrómeda
14:00h – Haydn
19:00h – Gitano de palo
Riazor
22:00h – Lori Meyers
00:30h – Primal Scream

Este evento contará con máis de 60 concertos, todos gratuítos, que se distribuirán entre 9 espazos da cidade de cristal. A praia de Riazor, Santa Margarita, o Porto, a praza de Azcárraga, o Campo da Leña, o Castelo de San Antón, a Fundación Luís Seoane, Cormelana Sellier e o Teatro Colón acollerán citas desde o próximo 9 ata o 12 de agosto:
● Praia de Riazor: a esencia do festival.
● Parque de Santa Margarida: urbana, fusión, rock alternativo.
● Porto: visión musical máis contemporánea.
● Campo da Leña: guiño ó rock.
● Praza de Azcárraga: noites de jazz, funk, latin, soul e moito máis.
● Fundación Luís Seoane: toque experimental e vangardista.
● Castelo de San Antón: pequenas grandes ‘delicatessen’.
● Cormelana Sellier: Dj’s.
● Teatro Colón: un dos espazos con máis identidade da cidade.