Xa case rematou o verán e vías municipais, camiños, cruces e sinais de tráfico seguen cubertas por maleza, por mor de 3 meses de retraso no contrato do servizo.
O goberno municipal se escuda en que o retraso e debido a motivos administrativos relacionados coa contratación, pero xa estamos no mes de agosto e o concello amosa unha imaxe de total abandono.
Raul Varela afirma que “ e moi fácil lanzar balóns fora cando a realidade e que xa se sabía que este contrato finalizaba este ano, polo tanto trátase dunha falta de previsión e organización por parte do goberno a que a veciñanza xa se empeza a acostumar.”