Friday 22 de November de 2024

Coidadeos Porta a Porta chega a Ribeira os días 11,12 e 13 de setembro


A unidade móvil do programa Coidados Porta a Porta da Xunta estará en Ribeira os días 11, 12 e 13 de setembro; de 09:00 a 20:00 horas.

Trátase dun servizo asistencial ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia; e ofrece servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Pódese solicitar información e cita previa a partires do día de hoxe nos teléfonos 622 748 283-623 546 992 ou ben a través do correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Os servizos que se prestarán, gratuitos e con cita previa, son os seguintes: Podoloxía: consulta básica; valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.

Servicio de audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da pérdida auditiva.

Servizo de estimulación da memoria: un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas para a promoción do envellecemento activo e a prevención da dependencia mediante hábitos de vida saludables.