Situación que segue sen arranxarse dous anos despois .
Alternativa dos Veciños de Cambre tras preguntar por enésima vez nos últimos meses sobre a situación do pago das bolsas aos deportistas, atópase coa resposta de “As bolsas de deportistas están pendentes de levar á comisión de avaliación”. O cal é unha escusa máis, porque seguen sen pagar bolsas desde o 2021.