Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros apoia á Asociación Oleira de Buño


O Concello de Oleiros quere transmitir á Asociación Oleira de Buño toda a súa solidariedade ante a indignante xestión política do Partido Popular no Concello de Malpica na organización da Mostra de Olería de Buño. No día en que se abre Alfaroleiros en Santa Cruz, na que participan 2 oleiros de Buño, o Concello de Oleiros posiciónase máis que nunca do lado dos artesáns, cos que é imprescindible contar e entenderse para organizar unha mostra de olería.

Aínda que son exemplos moi distintos, a relación de Oleiros e Malpica coa oleiría é moi significativa. Se o segundo concello conta cun dos pobos alfareiros máis importantes de Galicia, no primeiro creouse o Museo Os Oleiros José María Kaydeda, a maior colección de oleiría española e latinoamericana, e mantén cada ano Alfaroleiros, un referente que chega este ano á súa 29 edición.