Friday 22 de November de 2024

25 cativos/as desfrutaron da Xornada de Pesca Infantil do Concello de Frades


A área recreativa da piscina municipal de Papucín acolleu a edición número vinte do Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades, que tivo lugar o pasado sábado. O evento reuniu a 25 nenos e nenas do municipio que, acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas, tomaron parte do torneo.

Durante a competición a rapazada capturou varios exemplares que puideron levar posteriormente as súas casas. Despois dunha boa pesca tiveron a súa recompensa con medallas, agasallos e merenda.

Ademais da colaboración dos empregados municipais e dos voluntarios que axudaron o día anterior a solta das troitas, participaron na xornada os concelleiros Manuel Ferreiro, Jesús Francos, Juan Carlos Portos e o alcalde Roberto Rey.