O concello de riveira informa de que hoxe deu comezo unha nova actuación dirixida a dotar dunha nova pavimentación a un tramo da rúa cubeliños, situado na cidade de santa uxía, moi preto da escola infantil municipal e do novo aparcadoiro público de abesadas..
a obra comprende unha superficie de 1.450 metros cadrados, sobre a que se vai estender unha capa de aglomerado asfáltico tipo d12.
o importe desta iniciativa ascende a 19.668,89 euros, ive incluído. a empresa encargada de realizar a actuación é canarga, s.l..