Sunday 22 de December de 2024

XXII Feira da Cebola Chata


O Concello de Miño ultima os preparativos para celebrar este domingo, 6 de agosto, a vixésimo segunda edición da Feira da Cebola Chata.

Unha delegación de ceboleiras e ceboleiros visitaron esta mañá o consistorio miñense como antesala á celebración dunha xornada na que a súa actividade, profundamente arraigada na cultura da localidade, se porá en valor a través de obradoiros e degustacións deste tradicional produto.

Animación musical, xogos para os máis cativos e demais propostas nutrirán a ampla variedade de actividades que integran a programación do evento.