Impartidas por Yasemin Tekiner e Emine Kara, do programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps
Un total de 30 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, participan esta semana nas “Leisure activities in english”, un programa gratuíto de actividades educativas e de ocio en inglés impartidas por Yasemin Tekiner e Emine Kara, voluntarias europeas do Concello de Lousame. Unhas sesións que terán lugar de hoxe ao venres 4 de agosto na sala de exposicións do Concello de Lousame, en horario de mañá.
A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, participou na primeira xornada dunha iniciativa que inclúe pintura, karaoke, música, xogos, cine, creatividade, teatro, conversas e moito máis, todo en lingua inglesa. A segunda quenda terá lugar do 21 ao 24 de agosto, con crianzas de máis de 10 anos.