Saturday 16 de November de 2024

O 10 de agosto finaliza o prazo de solicitude de subvencións individuais para deportistas


Os equipamentos deportivos públicos do Concello facilitan os inicios e a formación deportiva de oleirenses que logran importantes triunfos en competicións estatais e internacionais. Para axudar a estas persoas, o Concello destina 12.000 euros a subvencionar os gastos derivados da asistencia ás competicións, e que en moitos casos teñen que asumir os propios deportistas e as súas familias.

Poderán optar a esta subvención aqueles deportistas oleirenses seleccionados/as para participar en eventos deportivos oficiais de carácter internacional, así como os e as que acudisen a campionatos de España ou campionatos oficiais de ámbito internacional e acadasen algún dos 3 primeiros postos -entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de xullo de 2023-.

As persoas interesadas en percibir esta subvención poden facelo presencialmente na Fábrica ou a través da Sede electrónica. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de agosto.

Da convocatoria están excluídos aqueles eventos relacionados coa caza, coa pesca ou actividades a motor, así como a categoría de veteranos de calquera competición.

BASES: https://www.oleiros.org/subvencions/-/asset_publisher/BqWdS6N3Pkqx/content/id/210798