Friday 22 de November de 2024

O Concello inicia os traballos de creación dun novo paso de peóns na avenida de Arteixo


O proxecto, que provén das propostas gañadoras dos Orzamentos

Participativos, mellorará o tránsito peonil entre Os Mallos e o parque de Vioño

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Infraestruturas, inicia a partir do próximo luns, 31 de xullo, os traballos de creación dun novo paso de peóns na avenida de Arteixo, á altura do cruzamento coa rúa Enciclopedia Francesa.

Esta actuación foi unha das propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos.
O obxectivo do Goberno de Inés Rey con esta actuación é mellorar o tránsito peonil nun treito da rúa que conta na actualidade con poucos puntos para cruzar, o que provoca que as persoas viandantes atravesen a avenida, polo lugar onde está proxectado, de maneira irregular. A actuación contempla a renovación do firme e a elevación da vía de circulación, creando un paso de peóns e peoas elevado coa idea de conseguir un itinerario continuo cunha maior seguridade viaria.

Do mesmo xeito, crearase unha illa con pendente accesible na medianeira vexetal que separaambas as beirarrúas sen afectar o arboredo. Este paso mellorará a circulación peonil entre o barrio dos Mallos e o parque de Vioño. Os traballos terán un prazo de execución de 3 meses e contarán cun orzamento de 70.000 euros.

“O Goberno de Inés Rey continúa con estes traballos a mellorar a mobilidade na nosa cidade, como xa fixemos en vías de maior tamaño como Ramón y Cajal ou Compostela”, apunta a concelleira de Infraestruturas, Nereida Canosa.