Friday 22 de November de 2024

A Xunta subliña o papel de Mostrat como unha das feiras de referencia na comercialización e na consolidación da marca Artesanía de Galicia


— O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na inauguración da 39ª edición de Mostrart, que se celebra na Coruña ata o 27 de agosto

— Poderase ver o traballo de 53 profesionais especializados en oficios coma o coiro, o tecido, a xoiería, os xoguetes, a cerámica, os arranxos florais ou os complementos de moda, entre outros

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na inauguración da 39 edición da feira de artesanía Mostrart, que se celebra nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o 27 de agosto. Durante a súa intervención, Heredia fixo fincapé na importancia deste evento como unha das feiras de referencia na comercialización do produto artesán e no papel que desenvolve na visibilización e consolidación da marca Artesanía de Galicia entre os consumidores.
Nesta edición de Mostrart participan un total de 53 profesionais da marca Artesanía de Galicia, así como 14 talleres artesanais doutras comunidades españolas e un de Francia. A feira, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, conta co apoio da Xunta de Galicia e estará aberta todos os días ata o 27 de agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 horas.
Entre os participantes galegos desta 39 edición atópanse os obradoiros de coiro Chueco (A Coruña), Cabuxa (Tui), coIRaxe (Vigo), Tres caracoles (Lugo), Bruxarte (Vigo), Coiro tres pés (Pontevedra), Manolo Cremallera (A Coruña), Chorima (O Porriño), Encoiros (Redondela), Rappa (Lugo), Uxía Castro (Mos), Vidal Revilla (Cervo) e Santín (A Coruña); os obradoiros dedicados ao calzado Laia zapateiros (Melide) e Zapaterías Rodríguez (A Coruña).
No téxtil destacan os obradoiros especializados en tecido artesanal Artefíos (A Coruña), Cuaderna Maestra (Pontevedra) e Liño de Galicia (Vimianzo); os de complementos de moda A Sariña Maquinando (Ourense), Geli Fraga (A Coruña), Las flores de Greta (Gondomar), Pasamarela (A Coruña) e Melena de papel (Cangas); o taller Encaixes Melania (Camariñas); María Feijóo (Santiago de Compostela), especializada en pintura sobre seda; e Taller Patapúm (Quiroga), en decoración de teas.
No eido da xoiería e ourivería poderanse ver as pezas dos obradoiros Xakarandá (Bueu), A Feitura (A Coruña), Ardentia (Bergondo), Carla Alfaia (A Coruña), Zimzelatum (Gondomar), Laura Triñanes (Santiago de Compostela), Mario López (Vigo), Rosa Higuero (Cabanas), Sánchez Cano Orfebres (Vigo) e Taller Cruz (Pontevedra). En canto á bixutería, participan en Mostrart Silvereira (Ames), Artesanía Nia (A Coruña), Paz Navas (A Coruña) e Joyas de papel (Nigrán); ademais de Montse Betanzos (O Grove), que recolle o oficio das colareiras.
O cartel de expositores de Artesanía de Galicia complétase co taller de escultura Enbabia Bronce (Redondela); os obradoiros especializados en torneado de madeira Armaior (Quiroga), Cunqueiro (Palas de Rei) e Flecharte (Vigo); os de xoguetes Enxógate (Quiroga) e Lucecús (Vilalba); os talleres de cerámica Otero Regal (Viveiro) e Lama e lume (Miño); o obradoiro especializado en manipulado de papel Mioco Deseños (Ordes); Ventanas al pasado (Ponteareas), especializado en miniaturas; e mais os obradoiros de arranxos florais Taller Viola (Oza dos Ríos), especializado en lámpadas con flores secas, e Amodiño Arte Floral (A Coruña).