As actividades, que terán lugar entre este venres 28 e mañá, sábado 29, estarán centralizada na praza Agustín Díaz e a área de estacionamento lindeira á avenida Salvador de Madariaga
O Concello da Coruña, a través da súa área de Fomento e Promoción da Cidade, dá continuidade esta fin de semana ao programa municipal de Festas nos Barrios, que chega entre este venres e o sábado ao Birloque e Monelos. Como xa é habitual, todas as actividades serán abertas á cidadanía, con asistencia de balde.
Xa esta tarde de venres, e na praza Agustín Díaz como localización principal das actividades, darán comezo os festexos específicos no barrio do Birloque. Desde as 19.00 horas, e ata 21.00 horas, celebrarase un festival folclórico coas agrupacións Son D’Aquí e Donaire. Xa ao remate das actuacións, ofrecerase na superficie da área de estacionamiento unha sesión de cinema ao aire libre.
Mañá, e desde primeira hora, a Escola de Gaitas Diapasón protagonizará unha alborada entre as 10.00 e as 14.00 horas, acompañada por un espectáculo infantil a cargo de Pablo Díaz, entre as 13.00 e as 14.00 horas, tamén na praza Agustín Díaz. As actividades seguirán xa en horario de tarde: entre as 19.30 e 20.15, actuará Aturuxo; seguidos pola actuación do Coro Galego Santa Comba de Veigue. Entre as 21.00 e 21.45 horas, será o turno dos Gaiteiros do Birloque, en paralelo á gran sardiñada prevista na praza. O peche da xornada será ás 22.00 horas, cunha verbena a cargo da orquestra Foliada de Ases.
As festas de Monelos, este sábado 29 en horario de mañá e tarde
Tamén este sábado 29, están previstas diversas actividades na contorna do barrio do Monelos. Por motivos de loxística e dispoñibilidade, habilitouse un sector da área de estacionamiento lindeira á avenida Salvador de Madariaga para a celebración dos festexos.
Comezarán ás 12.00 horas cun pasarrúas dos Gaiteiriños, seguido pola sesión vermú coa Pablo Balseiro Verbenian Gipsy Orquestra, ás 13.30 horas.
Xa pola tarde, haberá inchables para os máis pequenos, entre as 17.00 e 20.00 horas. En paralelo, está prevista unha sesión de tardeo con Shariff Ardá y Banda (18.00 horas), un segundo pasarrúas dos Gaiteiriños, ás 19.30 horas, e a actuación do grupo Son de Monelos, ás 20.00 horas.
O peche das Festas nos Barrios en Monelos terá lugar ás 22.00 horas, coa sesión de noite protagonizada por Andrés Balado y Banda.