Thursday 19 de September de 2024

O domingo celébranse en Perillo as bandeiras de traiñeiras masculina e feminina Concello de Oleiros


O Club de Regatas Perillo organiza este domingo a XXII Bandeira Concello de Oleiros masculina e a VIII Bandeira Concello de Oleiros feminina. Ambas competicións forman parte da Liga Galega de traiñeiras, contarán coa participación de 13 tripulacións, estando previsto o seu inicio ás 11.30 horas, no parque de Nirvana.

Para continuar apoiando e fomentando este deporte no municipio, o Concello concedeulle unha subvención de 9.985 euros ao Club de Regatas Perillo para sufragar o 100% dos premios que recibirán os equipos participantes en ambas regatas.