Friday 22 de November de 2024

O mércores comeza a XXIX edición de Alfaroleiros


O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 2 e 6 de agosto, a XXIX edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:00 horas.

“O mércores comeza unha nova edición de Alfaroleiros. Serán 5 días durante os que os 23 oleiros máis importantes de toda a península venderán as súas obras feitas a man. Haberá oleiros de Toledo, Castelló, Córdoba, Alacante, Granada, Palencia, Cáceres, Badaxoz, Ourense… Tamén vai haber numerosas actividades para todo tipo de públicos no parque Luís Seoane e na praza Esther Pita”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Paralelamente á feira, o Concello organiza numerosos espectáculos, concertos e actividades para todos os públicos, abertas e gratuítas. A programación é a seguinte:

– Acto de inauguración: mércores, 12:30 horas, parque Luís Seoane
– Concerto da Gallaecia Small Band: mércores, 21:00 horas, praza Esther Pita
– Demostración de olería: xoves, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Espectáculo de maxia do Mago Dani: xoves, 20:00 horas, parque Luís Seoane
– Demostración de rakú: venres, 17:00 horas, parque Luís Seoane
– Demostracións de olería: venres, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Espectáculo de rúa Nono: venres, 20:00 horas, parque Luís Seoane
– Concerto de Familia Caamagno: venres, 22:00 horas, praza Esther Pita
– Demostración de olería: sábado, 13:00 horas, parque Luís Seoane
– Obradoiro de olería: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Demostración de cociña en vivo: sábado, 20:00 horas, parque Luís Seoane
– Concerto de Roi Casal: sábado, 22:00 horas, praza Esther Pita
– Demostración de cociña en vivo: domingo, 13:00 horas, parque Luís Seoane
– Xogos tradicionais Eira Xandobeleira: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Pasarrúas do Grupo de Gaitas Santaia: domingo, 19:30 horas, parque Luís Seoane
– Concerto de Brais Morán & NasauFunk: domingo, 21:30 horas, praza Esther Pita